[FEMINISMOS] Inscricións abertas: MIRADAS CON ORGULLO 2014 Ourense


MIRADAS CON ORGULLO 2014

OBRADOIRO “Transgredindo. Construír e nomear o subxectivo: identidades e sexualidades”

(inscricións abertas e de balde ata o 2 de xuño...)


Un ano máis, a Asociación sociocultural galega Xaira, en colaboración coa Concellaría de Igualdade do Concello de Ourense convidámosvos a participar no III Miradas con Orgullo.

Nesta ocasión desenvolverase un Obradoiro para todos os públicos onde corpo, emocións e pensamento serán clave. Un espazo para a participación, o intercambio e a curiosidade en relación ás identidades e á sexualidade... Unha oportunidade para coñecer a metodoloxía do teatro social no enfrontamento dos conflitos e na posta e común de inquedanzas.

Será do 3 ao 26 de xuño, martes e xoves das 17'30 ás 20'30hs no Centro Cívico da rúa Colón nº18 3º andar.

As inscricións son de balde e comezan xa!

Se te queres apuntar e/ou precisas máis información envíanos un mail a xaira@xaira.info co teu nome, motivación/interese e nº de teléfono. Se prefires contactar chamando o noso nº é: 650483352

Se coñeces a alguén que lle poda interesar non dubides en comentarllo.


Ademais, o luns 30 de xuño o Cineclube Padre Feijoo proxectará “Tomboy” ás 20'30hs na Biblioteca púbica da R/Concello

Anímense que non ten desperdicio!

Moitas gracias e saúdos!

 
 

0 Response to "[FEMINISMOS] Inscricións abertas: MIRADAS CON ORGULLO 2014 Ourense"

Postar um comentário