[FEMINISMOS] Obradoiro regular de Teatro da Oprimida!!!

Boas!!!!
Enviámosvos información do novo obradoiro de Teatro dx Oprimidx que imos facer en Compostela!!! Para ver si vos queredes apuntar (jijijiji) ou queredes avisar a xente e difundir por favoriño!!!! ;)

Moitisimas grazas e abrazos de cores!!!! Agardo que todo vaia estupendamente!!!
 Ángela



 Será no Centro Sociocultural Fontiñas

Inscrición e información ata o 16 de outubro en:
• 100tolas.gto@gmail.com
• 637776211 ou facebook: Gto Cen Tolas

MATRÍCULA:
Ordinaria: 45€ curso completo
Solidaria : 45€ + o que queiras*
*(para xs compañeirxs que non poden)
Reducida : aceptanse propostas de pago e/ou intercambio

HORARIO: sábados de 10:30 a 13:30



SOBRE O TEATRO DAS OPRIMIDAS (TO)
É unha metodoloxía e unha práctica teatral que pretende transformar as realidades opresivas a través de medios estéticos e o diálogo entre as persoas oprimidas. Foi desenvolvida polo dramaturgo, actor, director e pedagogo teatral Augusto Boal e o seu equipo a comezos dos anos 70. 

SOBRE O TEATRO FÓRUM 
É unha das técnicas do TO (quizáis a máis emblemática) onde a barreira entre o escenario e a platea é suprimida polo diálogo. Conta unha escena teatral baseada en feitos reais, na cal as persoas oprimidas e as opresoras entran en conflicto, de xeito claro e obxectivo, na defensa dos seus desexos e intereses. No enfrontamento, a oprimida fracasa e o público é estimulado pola Curinga (a facilitadora do TO) a entrar en escena, substituír á protagonista (a oprimida) e a buscar alternativas para o problema que se acaba de representar.


SOBRE NÓS:
Somos un colectivo de desenvolvemento social e comunitario que traballamos(nos) desde a perspectiva feminista. A nosa ferramenta de intervención-acción é o teatro comunitario e social; máis concretamente o Teatro dxs Oprimidxs (TO). Propoñemos a arte como ensaio de alternativas para situacións que se revelan como opresións na vida cotiá. Entre tantas, unha das que nos preocupa especialmente son as cuestións de xénero. Por iso sempre tratamos de traballar desde unha mirada feminista, transformadora das desigualdades.
Traballamos en rede con outros colectivos para a construcción dunha sociedade máis xusta e libre de opresións.

--
You received this message because you are subscribed to the Google Groups "feminismos.acampadaobradoiro" group.
To unsubscribe from this group and stop receiving emails from it, send an email to feminismosacampadaobradoiro+unsubscribe@googlegroups.com.
For more options, visit https://groups.google.com/d/optout.

0 Response to "[FEMINISMOS] Obradoiro regular de Teatro da Oprimida!!!"

Postar um comentário