[FEMINISMOS] Inscripcións abertas ata 30maio: LABORATORIO MADALENAS Ourense



Olá mozxs!

por se aínda non o virades, para que convidedes a todas aquelas mulleres que lles poda interesar :)
e para que difundades polas redes.

estámolo a organizar entre a Asemblea feminista e a MMM de Ourense, xunto  co GTO Centolas de Compostela/ A Coruña

Gracias e bicos!!





Inscripcións Abertas ata o 30 de Maio 
Prazas limitadas!!!


LABORATORIO MADALENAS aterra en Ourense dende Madrid e Arxentina...

Cando?
os días 5, 6 e 7 de xuño 
- Venres 5, das 18 hs ás 21hs
- Sábado 6, das 10 ás 14hs e das 16 ás 20hs
- Domingo 7, das 10 ás 14hs

Onde?
no local social de Escua. - Ourense
Praza da Estrela (ou 
praza dos grafitis, subindo polas escadas da Praza do Correxidor. Zona Viños)

Para quen?
o Laboratorio Madalenas convida a todas aquelas mulleres con curiosidade e interese por compartir e traballar sobre as opresións que nos afectan, para así transformar a realidade colectivamente.

Como?
para soster e coidar ás facilitadoras do obradoiro, cubrindo os gastos de viaxes e materiais...
as
 inscricións terán un custe de entre 10 a 25 euros  segundo as posibilidades de cada unha en función da vosa situación económica. 
Se algunha non puidese asumir os custes que se poña en contacto connosco igualmente. 
Para aquelas que teñades unha situación económica menos precaria o prezo da inscrición solidaria rolda entre os 15 e os 25 euros e así compensar ás outras. 
 

Onde facer o pago?

Transferencia ao nº domiciliación: TRIODOS BANK ES05 1491 0001 2820 2723 9629

CONCEPCTO: laboratorio madalenas

Onde facer a inscrición?

Enviar o
e-mail madalenasourense@gmail.com co comprobante de pago e a ficha de inscrición para ata o dia 30 de maio.

Se tedes algún problema/dudas entrar en contacto con nós.


Aloxamento e Xantar
Para aquelas que veñades de fóra e non teñades casa en Ourense tentaremos dar aloxamento. Informade no momento da inscrición

Aquelas que pensades ficar ó xantar do sábado avisade na ficha de inscrición. Será vegano e custará 4€ a maiores do valor da inscrición. De todas formas, está aberto para quen queira traer comida e comer xuntas tamén.


Que é o Laboratorio Madalenas?

É unha proposta de investigación das opresións que afrontamos as mulleres no cotiá a través das técnicas do Teatro da Oprimida. 

Comezou no Brasil en Febreiro do 2010 impulsado por Bárbara Santos (Curinga do Centro de Teatro dxs Oprimidxs de Río de Janeiro) e Alessandra Vanucci (directora teatral). Dende aquela, foi multiplicado, explorado e vivenciado por mulleres de América Latina, Asia, África e Europa. 

A través de dinámicas de Teatro Foro, Arco Iris do Desexo, Estética da Oprimida, Teatro Imaxe, etc. xeramos un camiño de exploración das nosas opresións e alternativas ás mesmas. 

Neste proceso vamos creando, individual e colectivamente, cancións, poemas, debuxos, performances, actuacións e escenas... que despois trasladamos a espazos públicos para promover un debate político e búsqueda de alternativas colectivas.

En definitiva, é unha ferramenta artística-política para a organización e a loita, fundamental para romper as opresións de xénero que vivimos.


Organizan: Asemblea Feminista Ourense, Madalenas Madrid & GTO Centolas

Colabora: MMM Marcha Mundial de Mulleres Ourense


Contactos: madalenasourense@gmail.com /622-289410 / 650483352



--

0 Response to "[FEMINISMOS] Inscripcións abertas ata 30maio: LABORATORIO MADALENAS Ourense"

Postar um comentário