[FEMINISMOS] Xornadas Anti-represivas, Ourense Xuño 2015

boas!
comezan esta tarde ás 20hs no bar Lusco e Fusco, con Santi Cobos e a súa palestra sobre a "tortura como negocio"

Animádevos!
un saúdo

> Date: Tue, 2 Jun 2015 12:44:28 +0200
> From: xornadasantirepresivas@riseup.net
> To:
> Subject: Xornadas Anti-represivas Ourense Xuño 2015
>
> Olá xente,
>
> Queremos apresentar e animarvos a participar nas actividades que van ter
> lugar na cidade de Ourense durante todo o mes de Xuño e que atravesarán
> sobre diferentes soportes divulgativos e participativos a represión.
>
> A seguir reproducimos a presentación das xornadas e a programación de
> atividades agradecendo a sua difusión:
>
> Presentación:
>
> As Xornadas Anti-Represivas xorden como un proxecto entre xente de
> diferentes colectivos e movementos.Como resposta perante a necesidade de
> divulgarmos as formas de represión (vellas e novas) que, a día de hoxe,
> ameazan as liberdades do pobo. Precisamos, logo, de ferramentas para as
> combater con éxito, pois onde hai loita hai esperanza, mais tamén pontos
> de represión que habemos superar tecendo redes de apoio.
> +Info
> https://xornadasantirepresivas.wordpress.com/2015/05/25/hola-mundo/
>
> Atividades:
>
> 1. Charla 'A Tortura como Negocio' a cargo de Santi Cobos, 22 anos preso
> en réxime FIES (4 de xunho, 20 horas, Lusco e Fusco). Ampliar aquí
>
> 2. Obradoiro de Seguranza Informática (10 e 11 de xunho, das 16 ás 20'30 horas,
> Bar Grándola)
>
> +Atividades
> https://xornadasantirepresivas.wordpress.com/2015/05/25/listaxe-de-actividades-das-xornadas-anti-represivas/

>
> Para conseguir o material didáctico a utilizar nos obradoiros de
> Seguranza informática e de Efectos psico-sociais da represión podedes
> dirixir-vos ao e-mail: xornadasantirepresivas@riseup.net, así como para
> trasladar calquer outra inquedanza.
>
> Moitas gracias e saúdos!

0 Response to "[FEMINISMOS] Xornadas Anti-represivas, Ourense Xuño 2015"

Postar um comentário